Galicia acumula 30 mortes en accidentes laborais no que vai de ano, o terceiro dato máis alto do Estado

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2024 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

Galicia suma no que vai de ano 2024 un total de 30 falecidos en accidentes laborais, o que a sitúa como a terceira comunidade autónoma en incidencia de sinistros mortais.

Así o denunciou o sindicato UGT nun comunicado no que demanda "un plan de choque" para facer fronte á sinistralidade laboral en Galicia, onde aumentaron os accidentes vinculados ao traballo o pasado ano máis dun 7%.

Segundo os sindicatos facilitados polo sindicato este venres con base na información do Ministerio de Traballo, Galicia acumula este 2024 un total de 14.098 accidentes laborais con 30 persoas falecidas.

UGT tamén pon o foco nos datos do pasado ano recollidos polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), que revelan un incremento do 7% no número de sinistros asociados ao traballo.

Helicóptero medicalizado nun accidente laboral nas Pontes
Helicóptero medicalizado nun accidente laboral nas Pontes | Fonte: @HELICOSANTIAGO - Arquivo


Así, en 2023 houbo 30.423 accidentes laborais, dos cales, 29.957 foron de carácter leve; 410, graves e 56, mortais.

A maioría deles (27.274) producíronse na xornada laboral e 3.149, 'in itínere', mentres que os mortais tiveron lugar en 50 casos en xornada e o seis restantes, 'in itínere'.

Por sectores, os servizos acumula máis da metade dos sinistros rexistrados (14.081), seguido da industria (7.047), construción (4.261), agricultura (1.179) e pesca (706).

O sector no que se produciron máis mortes en 2023 foi tamén os servizos con 22 falecidos mentres traballaban. En agricultura houbo sete mortes, oito na industria, dez na construción e tres na pesca.

Por provincias, A Coruña foi a que máis rexistrou con 13.170 e 24 mortes, seguida de Pontevedra con 10.662 accidentes e 18 falecidos. En Lugo producíronse 3.277 sinistros laborais con 8 falecidos e en Ourense, 3.314 e seis mortes.

Así as cousas, UGT sostén que estes datos revelan que "algo está a fallar" na comunidade e reclama que se "extreme a vixilancia" para que se cumpra a lei de prevención.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta