Temas: FRASEOLOXíA

“De boca para fóra & De dentes para fóra & De botóns para fóra”, equivalentes, entre outras, ó castelán “de boquilla”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 08/09/2024 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Naquelas situacións en que alguén, no seu falar, actúa con hipocrisía ou falta de sinceridade, expresando algo diferente ó que pensa só por compromiso ou para quedar ben e non pagar nada, en castelán é moi habitual manifestar que esa persoa fai ou di algo de boquilla.

O sorriso do apóstolo Daniel no Pórtico da Gloria
O sorriso do apóstolo Daniel no Pórtico da Gloria | Fonte: Fundación Barrié

En galego esta locución resulta espuria, mais contamos con varias outras que dan conta dese mesmo contido, como imos reflectir a seguir:

De boquilla

De dientes afuera

{= Con hipocrisía ou falta de sinceridade, expresando algo diferente ó que realmente se pensa só por cumprir, por compromiso ou para quedar ben (ou mesmo, en ocasións, simplemente por finxir ou enganar).}

De boca para fóra

De dentes para fóra

De botóns para fóra

[E MAIS]:

De bico para fóra

De boca a fóra

De boca fóra

De botóns a fóra

Ex.: ¡Sí, hombre, sí! ¡Es muy amigo de sus amigos pero solo de boquilla, porque, si le conviene, te la clava por la espalda!

¡Si, home, si! ¡Éche moi amigo dos seus amigos pero só de boca para fóra pero só de dentes para fóra pero só de botóns para fóra, porque, se lle mete conta, chántacha polas costas!

Ex.: A mí me da que su perdón fue solo de boquilla.

A min dáme que o seu perdón foi só de boca para fóra foi só de dentes para fóra foi só de botóns para fóra.

● Tamén:

Con la boca pequeña # chica # chiquita

Coa boca/boquiña pequena && Coa lingua pequena

Ex.: ¡Si, home, si! ¡Éche moi amigo dos seus amigos pero só coa boca/boquiña pequena pero só coa lingua pequena, porque, se lle mete conta, chántacha polas costas!

Ex.: A min dáme que o seu perdón foi só coa boca/boquiña pequena foi só coa lingua pequena.

● E tamén:

De pico

De peteiro

Ex.: ¡Si, home, si! ¡Éche moi amigo dos seus amigos pero só de peteiro, porque, se lle mete conta, chántacha polas costas!

Ex.: A min dáme que o seu perdón foi só de peteiro.

● E mesmo tamén, en contextos en que se quere facer fincapé en que di algo a xeito de finximento ou mentira:

(Así) De coma quen

Ex.: ¡Si, home, si! ¡Éche moi amigo dos seus amigos pero só (así) de coma quen, chántacha polas costas!

Ex.: A min dáme que o seu perdón foi (así) de coma quen.

&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&

● E incluso, tamén nalgún ca noutro contexto en que basicamente se quere facer fincapé en que alguén actúa aparentando ser ou saber máis do que realmente é ou sabe, ou en que algo se di basicamente para finxir, mentir ou enganar (nomeadamente baixo a secuencia ser todo (de) boquilla):

(Ser todo) Leria && (Ser todo) Conto && (Ser todo) Barballar # Barballada

Ex.: Es un pavo que no resulta nada de fiar, porque lo suyo es todo (de) boquilla.

É un pavo que non resulta nada de fiar, porque o seu é todo leria é todo conto é todo barballar é todo barballada.

Ex.: Al final, eso de que iban a promover el transporte público era todo (de) boquilla.

Ó cabo, iso de que ían promover o transporte público era todo leria era todo conto era todo barballar era todo barballada.

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Da Cerna: “Ditos, frases feitas e refráns”, no blog “Da Cerna”, accesible no enderezo https://dacerna.blogspot.com/p/ditos-e-frases-feitas.html.

- Ferro Ruibal, Xesús: “Dentes e moas na fraseoloxía galega”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 12, 2010, páxs. 69-126. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Goce Denis, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Blog no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/.

- Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta