Os transportistas galegos reclaman o traspaso da AP-9 e AP-53: "Buscamos que os nosos clientes paguen menos por levar a mercadoría"

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, volveu a solicitar unha reunión co ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2024 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Galega de Transporte de Mercadorías (Fegatramer), Ramón Alonso, reclamou o traspaso e gratuidade da AP-9 e da AP-53 e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, volveu a solicitar unha reunión co ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente. "O que pretendemos é que os nosos clientes paguen menos por levar ás mercadorías dun punto a outro de España e mesmo dentro de Galicia", declarou Ramón Alonso antes de reunirse coa conselleira este xoves.

Pola súa banda, Martínez Allegue criticou o "compromiso nulo" do Goberno central con Galicia. Así, explicou que a xunta se realiza a petición da Federación para tratar con eles o contido do informe sobre o custo de transferencia da AP-9 e outras preocupacións do sector. Unha reunión que, en palabras da conselleira, ten "aínda máis sentido celebrala" tras as palabras de Puente, hai dous días no Senado, onde "resolveu dunha plumada" as bonificacións, "tanto da AP-9 como da AP-53". Neste sentido, a conselleira reiterou a petición de reunión con Óscar Puente que "xa foi solicitada dúas veces", tanto pola Consellería da que é titular como por Presidencia, para falar sobre a AP-9.

TRANSFERENCIA DA AP-53

Entre as demandas dos transportistas, Ramón Alonso incidiu en que "teñen moitas ganas" de que a AP-53 "tamén sexa transferida" para que "sexa gratuíta, non para que se máis cara". Ademais, continuou, os transportistas "seguen esperando" que a conexión dos portos galegos co Corredor Atlántico "se faga canto antes". "A AP-53 é a única estrada nacional que discorre por Galicia que non ten ningún tipo de bonificación. Estamos a falar das estradas máis caras de todo o estado. Parece que hai diñeiro para outras comunidades autónomas e non para Galicia", sentenciou a conselleira.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, reúnese con representantes da Federación Galega de Transporte de Mercadorías (Fegatramer)
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, reúnese con representantes da Federación Galega de Transporte de Mercadorías (Fegatramer) | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta