Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2024 | Actualizada ás 13:13
Tres estudantes da Formación Profesional galega participan este día en Lyon (Francia) no campionato 'Worldskills 2024', as olimpíadas internacionais da FP. Segundo informou a Xunta, estes mozos, que representan a Galicia no certame, están acompañados pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez.
Ezequiel Soto, do Instituto IES San Clemente de Santiago, compite na modalidade de Desenvolvemento web; María Bazar, do Centro Integrado de FP CIFP Paseo das Pontes da Coruña, en Panadería; e Laura Pereira, do Centro Integrado de FP CIFP Manuel Antonio de Vigo, faino en Recepción hoteleira.
Eles tres, acompañados por profesores e representantes da Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades, están a demostrar neste campionato internacional a calidade da Formación Profesional galega. "Están a demostrar que nosa FP é un modelo con gran potencial", sinalou Pérez, á vez que remarcou o "orgullo que supón" para o ensino galego que teña chegado ata aí.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.