Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/09/2024 | Actualizada ás 14:05
O xuízo contra o ex alcalde de Pontecesures, Luís Álvarez Angueira, por suposta agresión sexual á súa sobriña arrincou este mércores na sede compostelá da Audiencia Provincial da Coruña. Tal e como recolle o escrito do Ministerio Fiscal, acúsaselle dun delito continuado de agresión sexual entre, "aproximadamente, 1996 e 2001", cando a vítima era menor de idade. A vítima, a súa sobriña política, foi ademais concelleira no municipio de Rianxo.
A Fiscalía pide para o acusado unha pena de cárcere de 15 anos, ademais da prohibición de aproximarse á vítima ou comunicarse con ela durante 10 anos. Así mesmo, solicitan liberdade vixiada tamén durante 10 anos. Por último, piden unha indemnización para a vítima de 30.000 euros por danos morais.
Antes de que se iniciase a vista desta mañá -- o xuízo continuará este xoves -- e tal e como anunciaran en redes sociais, algunhas mulleres membros de organizacións feministas, entre elas Marcha Mundial dás Mulleres, concentráronse ás portas do xulgado para mostrarlle o seu apoio á vítima. "Nin un agresor sexual sen condena social", reivindicaron.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.