Pontón ve "disparatado" que Rueda renuncie a negociar unha quita de débeda para Galicia

Ademáis, reclama á Xunta que facilite "canto antes" a implantación de taxas turísticas municipais en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/09/2024 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de "inaudito" e "disparatado" a decisión do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de rexeitar negociar unha quita de débeda na reunión que mantendrá este venres co presidente do Goberno central, Pedro Sánchez. Segundo Pontón, esta postura está "marcada desde o PP de Madrid" e instou a Rueda a rectificar, criticando o seu "servilismo" e a falta de lealdade coa comunidade galega.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG | Fonte: Europa Press

Pontón lembrou que a negociación para a condonación da débeda foi un dos puntos clave no acordo de investidura que permitiu o apoio do BNG a Sánchez. A líder nacionalista amosou a súa sorpresa polo feito de que Rueda estea disposto a desaproveitar esta oportunidade en favor dos intereses do seu partido en lugar de priorizar as necesidades de Galicia. A portavoz nacionalista comparou a situación coa hipotética decisión dun directivo que descartase unha oferta beneficiosa de negociación de débeda, argumentando que sería inaceptable.

A declaración de Rueda, feita nun foro económico o pasado martes, de que Galicia "non ten un problema" de débeda, foi rexeitada por Pontón como "disparatada" e incomprensible. A portavoz subliñou que a débeda de Galicia se triplicou ata alcanzar os 14.297 millóns de euros, representando a terceira maior partida nos orzamentos anuais, só superada por educación e sanidade.

Pontón tamén criticou a falta de diálogo e transparencia por parte de Rueda, chamando á súa rectificación antes da reunión con Sánchez. A líder nacionalista enfatizou que "a axenda de Galicia non se pode decidir na sede do PP de Madrid" e acusou a Rueda de ir á reunión "exclusivamente co guión que lle marca o PP de Madrid", sen convocar previamente aos portavoces dos grupos políticos no Parlamento galego para discutir a cuestión.

TAXA TURÍSTICA

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou ao Goberno autonómico que facilite "canto antes" a implantación de taxas turísticas nos municipios galegos que o soliciten. A preguntas dos xornalistas este mércores nunha rolda de prensa celebrada este miécoles no Parlamento de Galicia, Pontón lamentou que a Xunta "estea a atrasar" a aplicación dunha medida "que xa podería estar en marcha".

O pasado martes o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, abrísese a aceptar a proposta de crear este gravame ás pernoctaciones que solicita o goberno municipal de Santiago. Neste sentido, a líder frontista non ve "moi comprensible" que se dilate no tempo a posta en marcha desta taxa que, di, permitiría mellorar a prestación de servizos públicos en concellos con presión turística.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta