A Xunta demolerá un edificio sen rematar na praia de Lapamán, en Marín

Realizarase "canto antes" e repercutirase o seu custo ao seu lexítimo dono, que non levou a cabo a demolición no prazo acordado.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 20/09/2024 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

A Xunta publicou este venres na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia o anuncio da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística do expediente para a adxudicación do contrato de obras de demolición dun edificio sen terminar situado no Camiño Real, na zona da praia de Lapamán, do concello pontevedrés de Marín.

Con esta licitación, o Executivo autonómico ultima as actuacións necesarias para executar subsidiariamente a orde de demolición, debido a que non foi levada a cabo polo propietario. Realizarase "canto antes" e repercutirase o seu custo ao seu lexítimo dono, indicou o Goberno galego nun comunicado.

"Con esta actuación, a Xunta manifesta o seu firme compromiso co seu deber de recuperar o territorio especialmente protexido, como exemplifica esta obra paralizada sen terminar levantada sobre unha zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, xerando un forte impacto sobre a paisaxe", reivindicou. O prazo para a presentación das ofertas termina o 18 de outubro ás 14.00 horas.

Praia de Lapamán
Praia de Lapamán | Fonte: Turismo de Galicia - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta