Galicia solicita información ao Ministerio sobre as medidas de xestión que afectan a especies como a sardiña

Para paliar situacións "delicadas" que afectan á viabilidade das frontas vinculadas tamén á raia mosaico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2024 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar solicitou información ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación sobre as medidas de xestión que afectan á raia mosaico e á sardiña para proporcionar "as mellores solucións posibles" e paliar situacións "delicadas" que afectan á viabilidade das frotas vinculadas a estas especies.

Segundo detallou a Consellería nunha nota de prensa, a Xunta sinalou nun escrito que a resolución que fixa a ordenación da pesca de raias mosaico establece "topes de captura accesoria", sometida ademais á exención por alta capacidade de supervivencia da obrigación de desembarque.

"Isto supón unha asignación de cota da raia mosaico para España de 10 toneladas para 2023 e de 15 toneladas para o 2024, polo que non resulta suficiente para cubrir as necesidades da frota", sinalou.

Así mesmo, subliñou que respecto dos citados stocks para o arrastre e palangre de fondo outórganse un máximo de cinco quilos por buque no censo do Cantábrico noroeste, mentres que o arrastre de fondo do golfo de Cádiz ten establecidos dez.

Neste sentido, a Xunta esgrimiu que estas diferenzas "non están xustificadas" polo que o Goberno galego reclamou ao Executivo central que se equiparen as posibilidades de pesca en ambas as zonas.

Por outra banda, respecto da sardiña, a Consellería solicita información sobre o número de transmisións temporais realizadas do Golfo de Cádiz á frota galega durante 2024.

Sardiñas na lonxa galega
Sardiñas na lonxa galega | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta