Un coche de alta gama responsable da morte dun matrimonio en Sanxenxo

Un mustang invadiu o carril contrario e levou por diante o vehículo dos falecidos.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 29/09/2024 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Un mantrimonio de Sanxenxo (Pontevedra), duns 70 anos de idade, faleceu nunha colisión frontal entre dous coches na PO-501, neste municipio pontevedrés, un sinistro ocorrido na tarde deste sábado que deixa ademais a tres persoas feridas.

Segundo informan fontes municipais de Sanxenxo, o sinistro produciuse en Forxán, nunha zona limitada a 50 quilómetros por hora e con liña continua.

Con base nas primeiras estimacións, crese que un dos vehículos, un mustang, invadiu o sentido contrario levando por diante ao outro coche, no que viaxaba o matrimonio, arrastrándoo ata un terraplén. Ata o lugar desprazáronse, entre outros medios, 061, Emerxencias de Sanxenxo, bombeiros de Ribadumia, Garda Civil de Tráfico e Policía Local.

Accidente con dous falecidos en Sanxenxo. CONCELLO DE SANXENXO
Accidente con dous falecidos en Sanxenxo. CONCELLO DE SANXENXO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta