Pontón enxalza o "proxecto transformador" de Sheinbaum para México

A portavoz nacional do BNG asegurou que este proxecto ten a igualdade como "peza fundamental".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2024 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, enxalzou o "proxecto transformador" da nova presidenta de México, Claudia Sheinbaum, que ten a igualdade como "peza fundamental". A líder frontista asistiu xunto á eurodeputada frontista, Ana Miranda, á toma de posesión de Sheinbaum desde o Zócalo, o que definiu como un "momento emocionante" e un "día histórico" que compartir cos mexicanos.

"Por primeira vez, teñen a unha muller presidenta que no seu discurso demostrou ademais que ten un proxecto para seguir transformando México, onde a igualdade é unha peza fundamental", sinalou Pontón, segundo recolle un comunicado do BNG. Así, incidiu na importancia de que as mulleres "gañen espazos de decisión" desde os que "transformar o mundo e facer da igualdade precisamente un alicerce do desenvolvemento da humanidade".

Para Pontón, México deu "un paso nesa dirección" coa chegada da política de Morena á Presidencia do país centroamericano e que supuxo que "tantas e tantas mulleres sentían" que con Sheinbaum "tamén entraban na casa presidencial". A presenza de Pontón e Miranda no acto de toma de posesión puxo o broche á súa visita a México, onde mantiveron encontros con empresarios e galegos residentes na capital, á vez que estreitaron os lazos do Bloque con actores políticos internacionais como o presidente do Senado mexicano, Gerardo Fernández Noroña, ou a nova ministra da Muller, Citalli Hernández.

A portavoz nacional de BNG, Ana Pontón, e a eurodeputada Ana Miranda na toma de posesión da nova presidenta de México, Claudia Sheinbaum
A portavoz nacional de BNG, Ana Pontón, e a eurodeputada Ana Miranda na toma de posesión da nova presidenta de México, Claudia Sheinbaum | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario (1 pend. aprobación)