Vitoria do pobo saharahui en Europa: o TJUE anula os acordos con Marruecos

Isto afectará a case un cento de barcos galegos que faenan no banco canario-sahariano.

Por Europa Press / Redacción | BRUSELAS | 04/10/2024 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

O Tribunal de Xustiza da UE (TJUE) anulou definitivamente os acordos comerciais de agricultura e pesca entre a UE e o Reino de Marrocos por considerar que ambos se celebraron sen o consentimento do pobo do Sahara Occidental.

O TJUE puxo fin así ao litixio sobre o acordo pesqueiro con Marrocos e o seu protocolo, ao desestimar os recursos do Consello e a Comisión, en liña coa sentenza do Tribunal Xeral da UE de 2021 e coas conclusións da Avogada Xeral Tamara Cápeta.

A aplicación deste protocolo expirou o pasado 17 de xullo de 2023, o que supuxo a suspensión da actividade, algo que afecta especialmente a España, xa que 92 das 138 licenzas que faenan na zona corresponden ao seu pavillón, en concreto, ás frotas andaluza, galega e canaria.

Crianzas saharauís
Crianzas saharauís | Fonte: mrnmagazine.com

"NOVA ETAPA"

O BNG considera que a decisión do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) sobre os acordos de pesca e agricultura con Marrocos "abre unha nova etapa" para o pobo saharui.

En declaracións difundidas polo Bloque este venres tras coñecerse o fallo da xustiza europea, a eurodeputada Ana Miranda ve na "histórica" sentenza do TJUE unha xanela a cambiar a situación no Sahara.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta