Temas: CXPX ELECCIóNS

Outras voces de CxG apostan por “diluírse” no “nacionalismo clásico”

O ex edil socialista e candidato de CxG en Vigo nas pasadas municipais, Miguel Barros, aposta porque esta formación “saia da terra de ninguén”.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 12/01/2016 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

“Debemos tentar unha elaboración clara que nos permita saír da terra de ninguén, e romper definitivamente o cordón umbilical ideolóxico que a moitos impídelles definirse e actuar como galeguistas socialdemócratas, federalistas e europeístas convencidos”. É unha das reflexións que fai o candidato de CxG en Vigo nas pasadas eleccións municipais, Miguel Barros.

Miguel Barros con Rafa Cuíña nun acto político
Miguel Barros con Rafa Cuíña nun acto político

Nun artigo titulado “Teorizar a moderación” e que Miguel Barros publicou no GC Aberto, sección aberta para que cidadáns e colectivos publiquen libremente os seus comunicados e opinións, Barros, destaca que as recentes eleccións “privaron a Galicia dun proxecto político autónomo e liquidaron ao mesmo tempo as posicións maximalistas”. “Deixaron a Galicia inerme politicamente de cara as eleccións autonómicas porque o centro-dereita permanece enfeudado ó Partido Popular, e a esquerda nacionalista facilita a hipotecado centro-esquerda ás “Mareas”, eufemismo ben claro de Podemos”, sinala.

Por iso, aposta por “afrontar os custes de teorizar a moderación como forza autónoma” ou ben diluírse “nas organizacións do nacionalismo clásico cuxo útero ideolóxico aínda non abandonamos”. Podes ler todo o artigo no GC Aberto.

Barros contesta deste xeito a outro artigo, tamén publicado no GC Aberto, por quen foi candidato de CxG en Lugo nas pasadas municipais,  Ivan Marrrube, no que destacaba que “xa non vale o si, pero non” e aposta por dirixir o “barco de compromiso para unha integración na flota da marea”.

Miguel Barros, de CxG
Miguel Barros, de CxG | Fonte: compromiso.gal
Temas: CXPX ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Férvenasberzas.

A ver cando fai un Articuliño (xa que non se dignou a escreber-nos una misiva de despedida aos accionistas) para explicar como Colaborou no Torpedeamento e Afundimento de "A Nosa Terra" (e que lle deixe facer o Epílogo ao Pucheiromadridismo).

5 Manu1980

Eu non vexo onde fala de diluirse no nacionalismo clásico. Eu creo que Barros apoia a idea dun CxG situado na moderación centrista, galeguista e federalista.

4 José

Non sei se lemos o mesmo artigo. Para min que o autor se posiciona máis perto da moderación, afirmando que as posicións maximalistas ficaron liquidadas o 20-D.

3 Carqueixa free

CXG R.I.P. O cacique xa ten o seu cacicato. O resto non importa nada.

2 eusi

Diluirse? Pero non estades desaparecidos de facto? Ala, facede algo de calceta que o inverno vén frio

1 tisi

Quen che dera. Os mortos dos que algúns falades gozan de moi boa saúde.