Kirk deixa a máis de 20.000 galegos sen luz

Hai afectados en toda Galicia, pero sobre todo, en Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2024 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, informou de que uns 23.000 galegos víronse afectados os cortes na subministración eléctrica provocados pola borrasca Kirk nas últimas horas.

Ante esta situación, sinalan que mobilizaron desde a tarde do martes a unhas 500 persoas, entre brigadas e operadores de rede, para facer fronte ás incidencias causadas polo temporal. Tamén dispoñen de medio centenar de grupos electróxenos co fin de axilizar a reposición da subministración eléctrica nos casos en que fosen necesarios.

Segundo os datos de primeira hora da mañá, as incidencias afectaban a uns 23.000 clientes en Galicia. Por provincias: 11.700 en Pontevedra, 5.600 en Ourense, 5.200 na Coruña, e 760 en Lugo.

Máis concretamente, os municipios afectados son Tomiño, Oia, Vigo, Vilaboa, Moaña, Marín, A Estrada e Gondomar en Pontevedra, Entrimo, Cartelle, San Cristovo de Cea, Ribadavia, Nogueira de Ramuín, en Ourense e Neda na Coruña. Con todo, matizan que os afectados supoñen menos do 1% de todos os clientes. Sinalan tamén que a maior parte destas incidencias están ocasionadas pola caída de árbores, ramas e cortizas sobre as liñas polo forte vento.

Mapa con problemas de electricidade e luz polo temporal
Mapa con problemas de electricidade e luz polo temporal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta