O PPdeG anuncia unha "norma pioneira" de recursos naturais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2024 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, avanzou que o Partido Popular solicitará a inclusión no próximo pleno do debate para a súa aprobación da nova lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia.

"Unha norma pioneira que vai supor un antes e un despois para Galicia, porque con ela se vai a facer realidade que o aproveitamento da nosa riqueza natural se tranforme en riqueza social para o conxunto dos galegos", sinalou.

Nunha rolda de prensa ofrecida este luns na Cámara galega, Alberto Pazos explicou que esta lei "vai ser unha referencia desde o punto de vista do aproveitamento dos recursos naturais, avanzado cara a unha economía máis sustentable e asegurando unha xestión responsable dos recursos naturais, de forma que se protexa o medio ambiente, crese riqueza e que esta riqueza impacte en beneficios para o territorio e os galegos".

BENEFICIOS PARA O RURAL

Segundo indicou, un dos ámbitos que se verá máis beneficiado por esta lei é o rural galego, ao soster que a localización de proxectos empresariais neste ámbito axudará a combater o seu despoboamento, facilitando ás persoas que escollan vivir nas rural saídas laborais e un futuro económico na súa contorna".

O portavoz do PP no Parlamento galego, Alberto Pazos Couñago. PP
O portavoz do PP no Parlamento galego, Alberto Pazos Couñago. PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta