Unhas xornadas formativas buscan converter aos participantes en 'Recomendadores/as de Valdeorras'

A iniciativa, que busca impulsar e poñer en valor os recursos turísticos da comarca, parte da Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA), en colaboración coa Axencia de Turismo da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense.

Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 16/10/2024 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A II Edición do proxecto 'RecomendaValdeorras' inclúe unha formación teórica e práctica en dúas sesións, deseñada para capacitar aos participantes como referentes turísticos da comarca. Aqueles que participen nestas formacións terán a oportunidade de converterse en Recomendadores/as oficiais da comarca de Valdeorras, adquirindo un profundo coñecemento dos recursos históricos, culturais, paisaxísticos e enoturísticos da zona.

Covas de Seadur, na Comarca de Valdeorras. Foto: XMF.
Covas de Seadur, na Comarca de Valdeorras. Foto: XMF.

As xornadas cubrirán temas clave, como os recursos históricos, culturais e enoturísticos de Valdeorras, con saídas de campo que permitirán aos asistentes aplicar de maneira práctica o aprendido. Ademais, haberá un taller de fotografía móbil onde os participantes aprenderán a capturar imaxes impactantes para promover a beleza da comarca en redes sociais. Aqueles que superen a formación recibirán un diploma acreditativo que certifica a súa participación e recoñéceos como 'Recomendadores/as oficiais de Valdeorras'.

O equipo de formadoras estará composto por expertas en turismo e guías oficiais de Galicia, como Soidade Figueroa e Rosa Veiga, quen compartirán o seu amplo coñecemento sobre a comarca. Así mesmo, a fotógrafa profesional Rosa Veiga ofrecerá un taller especializado en fotografía móbil, mentres que Ketevan Anjaparidze impartirá formación en traballo en equipo e organización de eventos. 

As prazas son limitadas e as inscricións pódense realizar a través da páxina web da Asociación de Empresarios de Valdeorras

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN DO CURSO

Sábado 19 de outubro: Formación teórica (10:00-14:00) e saída de campo (17:00-21:00).

Sábado 26 de outubro: Formación teórica (17:00-21:00).

Domingo 27 de outubro: Saída de campo (10:00-14:00).

A parte formativa teórica realizarase na Aula formativa do Centro Cultural Avenida da Rúa. E respecto das saídas de campo faranse  pola mañá en autobús con paradas de saída e regreso na Praza do Concello do Barco e fronte ao Centro Cultural Avenida da Rúa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta