Abel Caballero esixe á Xunta liberar de peaxe a autoestrada do Val Miñor: "Rueda esqueceuse de Vigo outra vez?"

Fíxoo tras o anuncio do presidente galego, Alfonso Rueda, de que se rescatarán o catro autovías galegas con 'peaxes en sombra' (Barbanza, O Salnés, Ourense-Celanova e Santiago-Brión).

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 15/10/2024 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este martes á Xunta que "rescate" a autoestrada do Val Miñor, que une a cidade con Baiona, para liberala da peaxe, tras o anuncio do presidente galego, Alfonso Rueda, de que se rescatarán o catro autovías galegas con 'peaxes en sombra' (Barbanza, O Salnés, Ourense-Celanova e Santiago-Brión).

O alcalde de Vigo, Abel Caballero
O alcalde de Vigo, Abel Caballero | Fonte: Jesús Hellín - Arquivo

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico preguntou "por que na autovía (autoestrada) desde Vigo a Baiona se paga peaxe". "Eu pregúntolle a Rueda, volveuse a esquecer de Vigo outra vez?", cuestionou, antes de reclamar: "Eu tamén quero que a autovía Vigo-Baiona sexa libre de peaxe (...), dáme igual como o fagan, pero quéroa libre de peaxe".

Por outra banda, Caballero subliñou que tamén mantén a súa reclamación da gratuidade da AP-9, e fixo fincapé no tramo Vigo-Pontevedra, porque comunica "unha área urbana cunha relación intensísima" e "ten que ser completamente gratuíta". Finalmente, subliñou que "cada vez que goberna o Partido Socialista, a autoestrada AP-9 rebaixa o seu prezo, hai gratis traxectos enteiros, gratis as voltas, máis descontos", mentres que cando goberna o PP "non hai ningún desconto".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta