Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 20/10/2024 | Actualizada ás 12:00
Pómoslle o ramo, pois, ó presente artigo completando a información fornecida na pasada entrega:
A mansalva
A punta (de) pala && A tutiplén && A mogollón && A porrillo && A porradas && A gogó && A montones
{= En gran cantidade, abundamentemente, en abundancia.}
A moreas
A feixes
[E MAIS]:
A esgallo
A montes
A montóns
Ex.: Este año en la fiesta había chicos y chicas a mansalva.
Este ano na festa había rapaces e rapazas a esgalla ‡ a embute ‡ a moreas ‡ a feixes ‡ á envorca ‡ a carradas ‡ a esgallo ‡ a montes ‡ a montóns.
● Tamén:
Por un tubo
Pola vella && [E MESMO, PROBABLEMENTE COMO CALCO DO CASTELÁN]: Por un tubo
● Tamén:
Para dar y tomar && Para dar y regalar
A dar(lle/s) cun pau # co pé # cun pé # co zoco && [E MESMO] && Para dar e tomar && Para dar e regalar && Para dar e vender && [E INCLUSO, EN ÁMBITOS DE USO FAMILIARES E COLOQUIAIS E NUN REXISTRO MÁIS BEN VULGAR]: A darlle(s) polo cu
Ex.: Este ano na festa había rapaces e rapazas pola vella # a darlles cun pau ‡ a darlles cun pé ‡ a darlles co zoco ‡ para dar e tomar ‡ a darlles polo cu.
● Tamén:
A carretadas && A espuertas
A/Ás carradas && A/Ás carretadas && A/Ás cestadas
● E inda tamén:
Como agua && Como tierra
Coma a area && Coma a borra && Coma a lama && Coma a palla && Coma terra && Coma a grama && Coma a chuvia && Coma a chusma && [E MAIS, ASOCIADA A CONTEXTOS DE USO MOI COLOQUIAIS, E MESMO A REXISTRO VULGAR]: Coma a merda
[E MAIS TAMÉN, MEDIANTE COMPARANZAS DE SUPERIORIDADE]:
Máis... cá area # cá borra # cá lama # cá palla # cá grama # cá chuvia && [E MAIS, ASOCIADA A CONTEXTOS DE USO MOI COLOQUIAIS, E MESMO A REXISTRO VULGAR]: Máis... cá merda
Ex.: Este ano na festa había rapaces e rapazas coma a area ‡ coma a borra ‡ coma a lama ‡ coma terra ‡ coma a merda.
● Mesmo tamén, facendo basicamente referencia á cantidade de comida que hai nalgún sitio ou que unha persoa ou animal come, comeu ou vai comer:
A bálamo && A medrezo
Ex.: Na voda houbo comida a esgalla ‡ a embute ‡ a rodar ‡ a varrer ‡ a bálamo ‡ a medrezo.
● E incluso tamén, en contextos, a xeito de locucións coloquiais de carácter comparativo, e sobre todo cos verbos haber e ter en secuencias coma as que se apuntan nos exemplos que despois seguen:
Máis... ca onde o[a, os, as] fan && Máis... ca pelos (hai) na cabeza && Máis... ca pelos ten un can no lombo
Ex.: Tiene dinero por un tubo.
Ten máis cartos ca onde os fan ‡ máis cartos ca pelos hai na cabeza ‡ máis cartos ca pelos ten un can no lombo.
NOTA:
As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas (xuntamos as fontes en que baseamos esta entrega e mais a anterior):
- Recolleita propia da oralidade galega.
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- Anta Fernández, Alicia: “O Robledo é capital e o demais son conquistas: fraseoloxía de Robledo de Domiz”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 23, 2021, páxs. 141-157. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Asociación de Escritoras/Escritores en Lingua Galega: Sección “Palabras con memoria”, á que se pode acceder a través de Internet no enderezo seguinte: https://www.aelg.gal/palabras-con-memoria.
- Barbeito Lorenzo, María Dolores: “Frases feitas do Concello das Neves”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 7, 2005, páxs. 293-301. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 1”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 14, 2012, páxs. 287-308. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía en Sebil, 2”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 15, 2013, páxs. 441-462. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Cuns Lousa, Xulio: “Rabusco”. En Anuario Brigantino, 12, 1989, páxs. 259-287.
- Cuveiro Piñol, Juan: Diccionario gallego. Publicado en 1876. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Da Cerna: “Ditos, frases feitas e refráns”, no blog “Da Cerna”, accesible no enderezo https://dacerna.blogspot.com/p/ditos-e-frases-feitas.html.
- Disionario da Revolusionaria Academia Morrasense da Lingua. Ó cal se accede no enderezo de Internet http://disionariomorrasense.blogspot.com/p/refrans-morrasenses.html.
- Ferro Ruibal, Xesús (dir.): Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo Edicións, Vigo, 1992.
- Franco Grande, Xosé Luís: Manuel Leiras Pulpeiro. Obra Completa. Ed. Galaxia, 1970.
- Franco Grande, Xosé Luís: Diccionario galego-castelán, 2ª ed., 1972, Galaxia, Vigo. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Goce Denis, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Blog no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/.
- Graña Núñez, Xosé: Vacilacións, interferencias e outros “pecados” da lingua galega. Ir Indo Edicións, Vigo, 1993.
- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- López Barreiro, Margarita: “Frases feitas do Cachafeiro (Forcarei)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 317-327. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- López Taboada, Carme & Soto Arias, Mª Rosario: “Sete catas na orixe da fraseoloxía”. En Estudos de Lingüística Galega, 2, 2010, páxs. 221-233. Instituto da Lingua Galega.
- Lugrís Freire, Manuel: Gramática do idioma galego (2ª edición, corrixida e aumentada). A Coruña, Imprenta Moret (Galera, 48), 1931.
- Martín Sarmiento: Material lexicográfico elaborado por frei Martín Sarmiento entre 1745 e 1770. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.
- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “O labor de fraseógrafo de Manuel Leiras Pulpeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 59-77. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.
- Otero Álvarez, Aníbal: “Vocabulario de San Jorge de Piquín”. Revista Verba, anexo 7. Universidade de Santiago de Compostela. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Pintos Villar, Juan Manuel: Vocabulario gallego-castellano. Datado cara a 1865. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Real Academia Galega: Diccionario gallego-castellano, de entre 1913 e 1928. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).
- Requeixo Cuba, Armando: “Sobre fraseoloxía galega: algunhas mostras da área mindoniense”. Cadernos de Lingua, 9, 1994, páxs. 89-110.
- Rivas, Paco: Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 1, 2000. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):
a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.
b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.
c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.
- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Sobreira Salgado, Juan: Material lexicográfico elaborado por Juan Sobreira Salgado entre 1787 e 1805. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Soto Arias, María do Rosario & González García, Luís: “Aplicacións didácticas dos refráns”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 6, 2004, páxs. 231-250. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario castellano-gallego. Publicado en 1884. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.