A alta cociña galega viaxa por Europa

O Galician Gourmet Extravaganza percorrerá oito capitais europeas e irá aos EE.UU. Conta cun orzamento de cinco millóns de euros.

Por Gc Tendencias | Compostela | 20/01/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Logo de conquistar Londres, a gastronomía galega de alta calidade gourmet comeza este 2016 un percorrido por toda Europa da man da bienal organizada polo Galician Gourmet Extravaganza co apoio do Igape.

Petiscos elaborados en base á cociña de Cunqueiro
Petiscos elaborados en base á cociña de Cunqueiro

Os produtores galegos embarcaranse nun periplo de dous anos (marzo 2016 – xuño 2017) que inclúe oito capitais europeas, de Bruselas a Berlín, pasando por Düseldorf, Zurich ou París, mais a cidade de Nova York.

Esta iniciativa contará cunha partida de cinco millóns de euros do Igape (procedentes dos fondos Feder) para subvencionar misións de promoción e internacionalización das empresas alimentarias galegas (2016-2017); fondos que inclúen axudas os produtores que participen no GGExtravaganza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta