Temas: FRASEOLOXíA

“Andan os ratos no faiado”, unha das paremias galegas equivalentes para indicar que empeza a tronar

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 27/10/2024 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Os fenómenos meteorolóxicos van tan intrinsecamente ligados á vida das comunidades que moitos refráns e secuencias fraseolóxicas fan referencia a eles... e mesmo tamén en certas ocasións se crean paremias para dar conta dos mesmos, como acontece no caso que desta volta nos ocupa, no que imos reflectir varios xeitos fraseolóxicos de dicir que comeza a tronar ou que está a tronar.

Ratas correndo polo centro da Coruña
Ratas correndo polo centro da Coruña | Fonte: Neira - Podemos

¿Sabedes vós algúns máis?

EXPRESIÓNS FRASEOLÓXICAS COAS QUE SE DÁ A ENTENDER QUE COMEZA A TRONAR OU QUE ESTÁ A TRONAR:

Andan os ratos no faiado # polo faiado

Anda (por aí) Pedro vello arrastrando nas zocas

Andan os carpinteiros a preparar as pipas

[E MAIS TAMÉN]:

Están arrombando as mesas no ceo

Hai voda no ceo, que están arrombando as mesas

Hai voda no ceo, que están amontoando as mesas

Hai voda no ceo, que anda san Pedro cos zocos novos

NOTA:

As expresións e solucións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- VV.AA.: Unha maré de palabras (Contribución ao léxico do Morrazo). Xunta de Galicia–Museo Massó, 2005.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta