Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2024 | Actualizada ás 15:03
O 10,4 % das empresas de 10 ou máis empregados en Galicia utiliza intelixencia artificial (IA), dous puntos menos que a media española do 12,4 %, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) relativos ao primeiro trimestre de 2024. As comunidades autónomas con maior uso da IA por parte das empresas son Madrid (17,8 %), Cataluña (15,3 %) e País Vasco (12,7 %). Así se desprende dos resultados da 'Enquisa sobre o uso de TIC e do comercio electrónico nas empresas'.
Do total de empresas con conexión a Internet, a porcentaxe das que dispoñen de sitio/páxina web en Galicia é do 81,4 %, catro décimas menos que o 81,8 % do país. Así mesmo, o 58,6 % das empresas galegas con conexión a Internet usan medios sociais (lonxe do 64,7 % da media estatal). Outros datos das compañías galegas pasa por que un 31,5 % emprega servizos na nube (37,7 % en España); un 27,4 % usa analítica de datos (31,4 % en España); un 87,5 % conta con acceso remoto ao correo electrónico, documentos ou aplicacións da empresa (88,6 % en España); mentres que un 90,6 % dispón dalgunha medida de seguridade TIC (91,3 % en España).
TELETRABALLO
O 34,1 % das empresas galegas de 10 ou máis empregados permite o teletraballo por parte dos seus empregados no primeiro trimestre de 2024, unha taxa que se eleva ao 37,5 % no conxunto do país. Esa porcentaxe ascende en España ao 80,4 % para as empresas de 250 empregados ou máis. Con datos do conxunto do país, o número medio de días por semana nos que os traballadores teletraballan é 2,4. Pola súa banda, o 19,8 % dos empregados teletraballa regularmente en España.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.