Atendidas 46 persoas en 40 accidentes de tráfico durante o fin de semana en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2024 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante o fin de semana a 46 persoas debido a 40 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas da Comunidade entre as 15.00 horas do pasado venres e as 23.59 horas do domingo.

Segundo informa a Xunta nun comunicado, o sábado foi o día no que se contabilizaron máis sinistros, con 23 accidentes. Durante todo o fin de semana, a central de urxencias xestionou 58 chamadas en relación cos devanditos incidentes. Estas alertas xeraron 40 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061, cun total de 46 feridos. Deles, un 54% eran homes e un 46%, mulleres. O 41% tiña entre 20 e 34 anos.

Pontevedra foi a provincia onde máis sinistros se produciron nas últimas horas, con 19 accidentes este fin de semana. Na Coruña foron 17, mentres que en Lugo e en Ourense, dous en cada caso.

Helicóptero do 061
Helicóptero do 061 | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta