Unha neurona xigante no Muncyt de A Coruña

O Museo Nacional de Ciencia y Tecnología acolle até o 26 de xuño a exposición 'Big Neurona', pensada como un museo móbil interactivo.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/01/2016 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

O MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología) acolle no seu centro na Coruña Big Neurona, un museo móbil interactivo con forma de neurona xigante. A instalación foi inaugurada nun acto no que participou o alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro.

O alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, na exposición 'Big Neurona'
O alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, na exposición 'Big Neurona' | Fonte: MUNCYT.

Big Neurona é un labirinto de espellos no que se mostran as diferentes partes que compoñen as neuronas e no que se realizan xogos e outras actividades.

A orixinal instalación ensina aos visitantes o funcionamiento das neuronas espello, a base da empatía entre as persoas, a través de diversas actividades.

A mostra estará aberta ao público até o 26 de xuño e é gratuíta.

Una neurona gigante en MUNCYT A Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

gratuíta / un detalle moi importante / gratuíta