O helicóptero da Xunta que foia auxiliar a afectados da DANA volve a Vigo 24 horas despois

Só efectuou dous voos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2024 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

O helicóptero de Gardacostas de Galicia 'Pesca I', que a Xunta mandou a Valencia para participar nos operativos de procura e rescate de persoas nas zonas afectadas pola DANA, volve a Vigo tras efectuar dous voos.

Segundo explicaron fontes da Consellería de Presidencia a Europa Press, sobre as 15.56 horas deste xoves os servizos de emerxencias da Comunidade Valenciana comunicaron ao 'Pesca I' que podía regresar a Vigo.

O helicóptero chegou o mércores a Valencia e, nesa xornada, participou nun operativo sobre o leito dun río. Ademais, na mañá deste venres sobrevoou unha zona da Albufera. Nas dúas manobras non localizaron a ninguén.

O Executivo galego, que puxo a disposición a 'Pesca I', indicou que, polo momento, a Comunidade Valenciana non solicitou máis medios para colaborar nas tarefas de procura.

Helicóptero Pesca I / Arquivo / Europa Press
Helicóptero Pesca I / Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta