A IV edición de Ciber.gal esgota en menos de 15 días as 750 prazas presenciais da xornada aberta

Aínda é posible seguir este encontro de maneira en liña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2024 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

A IV edicion do Encontro Galego de Ciberseguridade Ciber.gal esgotou en menos de 15 días as 750 prazas presenciais dispoñibles para o bloque destinado á cidadanía, aínda que é posible seguir este encontro de maneira en liña. Esta marca de inscricións, apunta a Xunta nun comunicado, constata o interese pola temática do encontro, que conta con prazas presenciais e en streaming dispoñibles para os bloques temáticos orientados a empresas e administracións, que tamén están a rexistrar unha alta demanda.

O IV edición do Encontro Galego de Ciberseguridade reunirá os días 6, 7 e 8 de novembro na Cidade da Cultura a máis de 60 expertos, que abordarán os retos da ciberseguridade desde unha tripla perspectiva: social, empresarial e pública. A unha semana do evento, son máis de 2.300 os inscritos e os interesados en participar aínda están a tempo de reservar a súa praza a través do portal ciberseguridadegalicia.gal, onde tamén se pode consultar o programa completo.

Unha das novidades que incorpora este ano Ciber.gal é a realización de demostracións de produtos, servizos ou solucións de ciberseguridade por parte dalgunhas das entidades que apoian o evento. Estas actividades tamén espertaron un gran interese e xa están completas as prazas para as demostracións de ciberseguridade, programadas para o 6 de novembro, patrocinadas por Proofpoint, NTT DATA, Check Point, CTAG, Zscaler e SIA, así como as de talleres técnicos e talleres prácticos.

Entre outros profesionais, o encontro contará coa participación do experto en ciberseguridade Chema Alonso, así como de representantes dos socios fundadores do Nodo. Entre eles está o Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), que traerá á Cidade da Cultura a experiencia 'road show' e un expositor de ciberseguridade adaptado a todos os públicos, que estará aberto ata o día 8 de novembro. Ademais, David Amor achegarase en clave de humor á ciberseguridade cun monólogo.

Un ano máis, Ciber.gal contará coa colaboración da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia coa posta en escena da obra "Hixiénico", na que se exporán as consecuencias do cyberbulling. Tamén contará de novo coa colaboración dos coordinadores dos cursos de ciberseguridade dos centros de FP de Galicia, que realizarán catro talleres prácticos.

Ciberseguridade
Ciberseguridade | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta