Consellos para protexer os teus datos en Internet

Co gallo do Día da Protección de Datos en Europa, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia fai unha serie de recomendacións á cidadanía galega para manterse seguros na Rede.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 28/01/2016 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

Cada 28 de xaneiro celébrase o Día da Protección de Datos en Europa, unha xornada impulsada pola Comisión Europea, o Consello de Europa e as autoridades de Protección de Datos dos estados membros da Unión Europea, co obxectivo de promover o coñecemento entre os cidadáns acerca de cales son os seus dereitos e responsabilidades en materia de protección de datos.  

Axentes da Guardia Civil rastrexan as redes socias na Internet nun vídeo da operación Araña
Axentes da Guardia Civil rastrexan as redes socias na Internet nun vídeo da operación Araña

A creación do Día da Protección de Datos remóntase a 2006, ano no que o Comité de Ministros do Consello de Europa estableceu o 28 de xaneiro, en conmemoración do aniversario da firma do Convenio 108, pedra angular da protección de datos en Europa.

Coincidindo coa celebración deste día, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) "considera de vital importancia que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos". Por iso, elaborou unha listaxe de recomendacións que fai pública para contribuír a unha Sociedade da Información na que a cidadanía sexa consciente tanto de todas as oportunidades coma dos riscos que ofrece a Internet.

Estas son as súas recomendacións:

Antivirus 
Cómpre actualizar periodicamente o software antivirus e de seguridade. Tamén é necesario configurar o software do navegador coas opcións de seguridade máis restritivas.

Executables 
É preferible non descargar programas executables ou ficheiros que sexan susceptibles de conter “software malicioso”. Protexa o seu equipo con programas “devasa” e de detección e eliminación de “software espía”.

Identificadores 
O intercambio e a entrega de datos de carácter persoal e bancarios debe efectuarse nos sitios web que dispoñan de protocolos seguros e de política de privacidade. Nunca proporcione información sobre os seus identificadores de usuario e moito menos sobre as súas claves de acceso. Sexa especialmente rigoroso en avisos de sorteos, ofertas telefónicas ou promocións comerciais de calquera tipo.

Contrasinais
Manteña, a ser posible, contrasinais  distintos para cada web ou servizo que sexan suficientemente longos e difíciles de adiviñar. Procure non usar o PIN dunha tarxeta de crédito, nin a data de nacemento, nin palabras do dicionario ou diminutivos. Conveñen palabras nas que se combinen maiúsculas, minúsculas, números e outros caracteres especiais permitidos, ("iogur.de#piña", "meu-can.ch4mase-Roque") que lle resulten fáciles de recordar aínda que difíciles de adiviñar a un terceiro.

WIFI
Particular atención ás redes sen fíos abertas. A información vai sen protección, logo é susceptible de ser interceptada e utilizada con fins non autorizados. É doado obter os datos de acceso da gran maioría das redes. Recoméndase usar os últimos protocolos dispoñibles cando sexa posible (WPA/WPA2).

Buscadores
Teña en conta que o uso dun buscador xera tratamentos de información, que serán empregados como mínimo para ofrecer anuncios personalizados. Convén coñecer as políticas de uso do buscador que máis empregue. Os buscadores poden permitir obter perfís completos sobre a nosa información pública en Internet.

Cookies
Borrar con regularidade as cookies e os arquivos temporais de Internet, así como o historial de navegación, especialmente cando se acceda a Internet dende un computador ao que teñan acceso outras persoas.

Spam
No caso de recibir correos non desexados (spam), non envíe unha resposta, xa que estará confirmando a validez do seu enderezo electrónico. É conveniente desactivar a opción que envía un acuse de recibo ao remitente das mensaxes lidas do sistema de correo electrónico.

E-mail
Cando envíe mensaxes de correo electrónico a diferentes destinatarios, cómpre empregar o campo “Con Copia Oculta (CCO)”. No caso de envíos masivos utilice ‘listaxes de distribución’.

Redes sociais
Debe garantir a seguridade da súa información nas redes sociais mediante unha configuración axeitada do seu perfil e empregando contrasinais. Non esqueza que os buscadores poden permitirlle a un terceiro obter a información pública dos perfís.

Imaxe
A imaxe é un dato de carácter persoal cuxa difusión ou acceso non autorizado pode ser particularmente molesto ou daniño. Ao publicar unha foto ou escribir nun foro pode estar incluíndo información sobre outras persoas. Sexa consciente de que ten que respectar os dereitos desas persoas.

Cámaras web
Antes de instalar unha cámara web que reproduza imaxes na Internet, asegúrese de que a captación sexa o menos intrusiva posible. Así mesmo, debe garantirse a seguridade impedindo o acceso non autorizado a imaxes captadas por este tipo de cámaras.

Infancia
Debemos educar a infancia nun uso seguro das redes e acompañar os nenos e nenas na súa navegación. Cómpre adoptar medidas de seguridade física e informáticas para os máis cativos,  como a situación do ordenador na casa ou unhas horas determinadas de uso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 limpiador

Coincido completamente con Ricardo. El avance de los virus informáticos hoy en día es rotundo, ya no hay limites de sistemas operativos, dispositivos ni nada. Hoy corremos peligro de tener virus en nuestra pc, el móvil y hasta en un usb, y lo peor de todo es que es difícil contar con una protección acorde al nivel de las amenazas. Como dijo Ricardo, lo mejor mantener actualizado el antivirus a su ultima versión, vacunar usb, utilizar sitios webs de absoluta confianza, y más que nada ser precavidos.

1 Ricardo Tormo

En primer lugar perdonen por no poner el comentario en Euskera, lo tengo un poco oxidado y creo que el Español se entiende perfectamente. La verdad que todas las personas que utilizan (o utilizamos) Internet hoy en día, están expuestas a diferentes tipos de ataques por los Hackers, que viven solamente de meter virus en ordenadores y robar todo tipo de información. Ya sea una cuenta bancaria, datos personales incluso lo que está de moda hoy que es robar carteras privadas de Bitcoin. Es por eso que desde nuestra empresa recomendamos a todo el mundo que tenga actualizado su antivirus, ya sea para Windows o para linux y que si no saben como hacerlo, vean estos antivirus portables para windows. Espero que las estafas por ordenadores infectados vayan disminuyendo con el paso del tiempo, por que hoy en día estamos hablando de unas cifras escandalosas. Un cordial Saludo y gracias por los consejos. Ricardo.