Temas: FRASEOLOXíA

“Dar a resposta do mudo” ou “dar o silencio como resposta”, equivalentes á castelá “dar la callada por respuesta”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 10/11/2024 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

En castelán, para indicar que unha persoa deixa, á mantenta, de responder a unha cuestión ou pregunta, acostúmase dicir aquilo de que dio la callada por respuesta.

Raúl Ruiz, do Guijuelo, manda calar á afección do Boiro tras marcar o empate.
Raúl Ruiz, do Guijuelo, manda calar á afección do Boiro tras marcar o empate. | Fonte: @clubdepguijuelo

En galego dispomos de secuencias lingüísticas que dan conta dese mesmo contido:

Dar la callada por respuesta

{= Deixar, á mantenta, de responder unha cuestión ou pregunta.}

Dar a resposta do mudo

Dar a palabra do mudo

[E MAIS]:

Dar o silencio como resposta

Dar o silencio por resposta

Ex.: El ejecutivo acusa al principal partido de la oposición de dar la callada por respuesta ante el ofrecimiento de un pacto de Estado transversal.

O executivo acusa ó principal partido da oposición de dar a resposta do mudo de dar a palabra do mudo de dar o silencio como resposta de dar o silencio por resposta ante o ofrecemento dun pacto de Estado transversal.

Ex.: En la entrevista le preguntaron tres veces si se había dopado alguna vez durante su carrera, y las tres veces dio la callada por respuesta: a buen entendedor, pocas palabras bastan.

Na entrevista preguntáronlle tres veces se se dopara algunha vez durante a súa carreira, e as tres veces deu a resposta do mudo deu a palabra do mudo deu o silencio como resposta deu o silencio por resposta: a bo entendedor, pouca parola.

NOTA:

As expresións e solucións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Ferro Ruibal, Xesús: “Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre”. Discurso de ingreso do profesor Ferro Ruibal na Real Academia Galega o 4 de maio de 1996.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta