Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/11/2024 | Actualizada ás 18:01
O emprego turístico en Galicia caeu un 5,5% no terceiro trimestre deste ano, en comparación co mesmo período de 2023, quedándose nos 129.530 ocupados, segundo os datos publicados este venres por Turespaña. Esta cifra contrasta coa rexistrada a nivel estatal, xa que no total de España o emprego no sector creceu un 2,3%, superando os 3 millóns de ocupados no terceiro trimestre.
Dos preto de 129.000 empregos turísticos galegos, máis de 101.000 son asalariados, baixando un 4,9%, mentres que máis de 28.440 son autónomos, un 7,2% menos.
DATOS ESPAÑA
A nivel español, o emprego turístico en España continúa á alza durante o terceiro trimestre do ano superando por primeira vez, os 3 millóns de ocupados (3.019.064 en cifras exactas) no sector, o que supón un incremento do 2,3% respecto ao mesmo período de 2023, sempre segundo os datos de Turespaña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.