Accidente en Cangas: un home ferido tras saírse dá vía e quedar atrapado

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 22:30 horas do venres.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/11/2024 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido ao saírse da vía co seu vehículo e impactar contra un noiro na estrada que une Coiro e Bueu, preto de San Cosme, no municipio pontevedrés de Cangas. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 22:30 horas do venres e foi o propio implicado quen informou o suceso e explicou que se saíu da calzada e que fora directo contra un noiro, momento no que baixou do turismo e quedou atrapado polo brazo, metido entre unha roda e o gardabarros.

Ante iso, os xestores do 112 Galicia avisaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Morrazo, á Policía Local, á Garda Civil e ao Servizo Municipal e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cangas. A dotación de bombeiros tivo que facer uso do material de excarceración, ademais de baixarlle presión á roda, para poder liberar á vítima e que fose atendida polo persoal sanitario.

Sala de operacións 112 Galicia
Sala de operacións 112 Galicia | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta