Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/11/2024 | Actualizada ás 20:51
A Iniciativa Galega pola Memoria, rede na que se integran asociacións, fundacións e colectivos memorialistas de Galicia, trasladou a súa "enorme preocupación" polo traslado a Madrid dos fondos máis importantes do Arquivo Militar de Ferrol, o que considera que "suporía un golpe significativo á investigación e ás políticas de memoria" en Galicia.
Nun comunicado, o colectivo lembra que as causas e procedementos xudiciais do Tribunal Militar IV son fundamentais para a investigación e análise non só do golpe de estado, a posterior ditadura e a violencia xerada, senón tamén dos movementos sociais, obreiros e políticos en Galicia, desde o século XI ata os anos 60.
Por iso, considera un "prexuízo enrome" a intención da Subdirección Xeral de Publicacións e Patrimonio Cultural do Ministerio de Defensa de "afastar" estes fondos documentais do seu usuario natural, "o pobo galego".
"Persoas investigadoras e historiadoras, familiares de vítimas, xornalistas, estudando e profesorado das universidades galegas veríanse na obrigación de desprazarse a Madrid para ter acceso a unha documentación que xa estaba na súa terra, o que profundaría no centralismo que xa sofre Galicia desde hai séculos". O colectivo considera que o traslado, ademais de vulnerar a constitución, implicaría "unha vulneración manifesta da Lei de Memoria Democrática".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.