Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2024 | Actualizada ás 18:16
O PP de Lugo colocou dous valos publicitarios co slogan "PSOE e BNG vanche a subir os impostos para o seu malgaste" para que, segun explican os populares, "cada veciño e veciña coñeza a realidade do que lle van a subir os recibos en 2025". Unha delas atópase na rúa Xosé Castiñeira, na contorna dos conservatorios. A outra na Campiña, na estrada de Vegadeo.
O goberno bipartito do Concello de Lugo confórmano o PSOE e o BNG, que aprobaron o pasado 26 de setembro unha subida de impostos de face ao 2025. A oposicón local, que votou en contra, mostrouse desconforme desde un primeiro momento e cualificouno como un "incremento inxustificado".
Proxectos como o carril bici, o impulso verde, a rampla do Miño e a piscina de Caldas do Miño son cos que se mostra máis crítico o PP lucense. Considera que supuxeron "investimentos millonarios" e que a pesar diso, "non teñen uso" nin "ningún valor engadido".
Así, os populares continúan coa súa acción contra o bipartito de Lugo e manteñen que, con "unha mellor xestión, por parte do goberno local, non sería necesaria esta subida de impostos nunca vista".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.