O SUP denuncia problemas de seguridade xa que por "criterio médico" se deriven presos a un hospital e non a outro

Critica a "ausencia" de patrullas do 091 en Pontevedra en varias franxas por custodiar a estes presos no hospital de Montecelo por non levalos ao Hospital Provincial.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 13/11/2024 | Actualizada ás 21:43

Comparte esta noticia

O Sindicato Unificado de Policía (SUP) denunciou este mércores que a cidade de Pontevedra, "con motivo da custodia de catro presos en dous complexos hospitalarios diferentes e en habitacións do Hospital Montecelo no canto de ser derivados ao módulo (unidade de acceso restrinxido) do Hospital Provincial", permaneceu "sen indicativos de Atención ao Cidadán dispoñibles durante varias franxas horarias" desta xornada.

Arquivo - Furgóns Policía Nacional recurso.. POLICÍA NACIONAL - Arquivo
Arquivo - Furgóns Policía Nacional recurso.. POLICÍA NACIONAL - Arquivo

Segundo o sindicato, esta situación "non é ocasional" e ten "ampla repercusión na Seguridade Cidadá". O SUP trasladou que a resposta recibida por parte do comisario provincial é que "os reclusos da prisión da Lama son, en ocasións, tratados no hospital de Montecelo por criterio médico", no canto de ser derivados ao modulo do Hospital Provincial onde "se poderían custodiar de forma simultánea varias persoas en mellores condicións de seguridade".

Ao seu modo de ver, esta vía permite "optimizar os recursos cidadáns" sen "comprometer a prevención e reacción en caso de ser requiridas pola cidadanía as patrullas do 091". Por este motivo, remitiron un escrito ao subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, a quen piden facer "as xestións pertinentes" para que todos os presos que precisen asistencia médica e ingreso hospitalario "sexan tratados no Hospital Provincial e ingresados no Módulo, non derivando a ningún recluso a Montecelo ata que non se poña en funcionamento o módulo dese complexo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta