Por Xurxo Salgado | Compostela | 12/11/2024 | Actualizada ás 21:50
Os erros de xestión política e informativa na terrible catástrofe da DANA de Valencia volven repetirse 22 anos despois. Aquel 13 de novembro de 2022 un vello petroleiro que navegaba á deriva fronte ás costas galegas con case 80.000 toneladas de fueloil provocaría o maior desastre ecolóxico nas costas europeas. Un desastre que non se soubo xestionar políticamente e que acabaría nunha explosión de rabia e indignación da sociedade contra os gobernos do PP na Xunta e no Goberno central.
A falta de coordinación, a ausencia de dirixentes políticos na xestión da crise e a manipulación informativa, cando non directamente a propagación de falsas noticias ou fakenews, provocou a maior mobilización social que viviu nunca Galicia. Algo que volve repetirse. Como en Valencia, houbo mareas de voluntarios chegados de todo o país galego e do estado para limpar as costas que acabarían conformando un gran movemento social, Nunca Máis. Un movemento que poría contra as cordas aos gobernos estatal e galego pola súa nefasta xestión da crise.
"En términos sustantivos, y con independencia del juicio que merezca la gestión efectiva de la crisis, el problema derivado del hundimiento del Prestige no fue correctamente valorado ni en términos políticos y sociales, ni en términos económicos. Y esa infravaloración produjo un retraso en la respuesta gubernamental que derivó en el divorcio efectivo entre la sociedad civil, por una parte, y el Gobierno de la Nación y la Xunta, por otra". Esta dura críticas forma parte dun informe sobre o panorama político e mediático realizado unhas semanas despois do afundimento do Prestige para consumo interno dos dirixentes do PP na Xunta e no Goberno central e ao que tivo acceso Galicia Confidencial.
Unhas conclusións das que non aprenderon, nin un pouco, os dirixentes populares a tenor do acontecido en Valencia coa nefasta xestións da catástrofe por parte da Generalitat que volve repetir erros pasados. Así, o xeito de actuar dos políticos no Levante, apuntando que o Executivo valenciano ten xa a situación controlada e botandolle as culpas ao Goberno central, é un guión case copiado do que aconteceu co Prestige hai 22 anos. Entón eran ministros, co presidente español, José María Aznar, á cabeza, os que dicían que todo estaba controlado e algúns conselleiros da Xunta que, aínda que do PP, comezaban a criticar ao Goberno central.
XESTIÓN CASE IDÉNTICA DE CATÁSTROFES
De feito, ese informe de consumo interno do PP, que se ordenou facer logo das primeiros meses da xestión da catástrofe, relata as diverxencias de opinión e de actuación que houbo entre a Xunta e o Estado e a despreocupación dalgúns dos dirixentes políticos nos primeiros momentos da catástrofe. Unha situación case clavada ao que acontece na actualidade coa xestión da DANA. "Esa actitud, además de agrandar la distancia entre la sociedad y el poder, generó un discurso parcial que, especialmente en los primeros días, sembró la sensación de desinformación, dando lugar a la aparición de liderazgos informativos y de liderazgos sociales --plataforma Nunca Máis-- que dificultan ahora la recuperación del liderazgo institucional en la lucha contra la marea negra y sus efectos", engade este documento ao que tivo acceso GC.
Neste sentido, crítIcanse certas manifestacións que realizaron algúns políticos como os cedos anuncios realizados polos ministros de entón Jaume Matas ou Federico Trillo de que "todo estaba superado", a minimización do problema por parte dos seus colegas Francisco Álvarez Cascos e Javier Arenas, os sucesivos anuncios de plans de subvencións que fixeron Manuel Fraga ou José María Aznar ou, mesmo, a prematura campaña de consumo de pescado galego que coincidíu co peche case xeralizado dos bancos pesqueiros e marisqueiros. "Y cuya inserción --de anuncios-- aparece, incluso, en las mismas páginas que reproducen imágenes de las playas manchadas", apunta o documento.
O documento non dubida en sinalar que a política institucional "es mala" desde el principio. "Lo es en relación con la prensa, donde la estrategia apunta hacia la desinformación y la consecución de un modelo de información favorable".
CRÍTICAS AO PRESIDENTE DA XUNTA, MANUEL FRAGA
Este documento tamén se amosa moi crítico coa figura de Manuel Fraga, presidente da Xunta naquel momento, a quen se acusa de non saber manexar ben a situación. "En sólo dos semanas pasó de representar las virtudes del trabajo y la intermediación eficaz a aparecer como un elemento pasivo, más preocupado por mantener el equilibrio interno de poderes en el PP local que por defender los intereses de Galicia".
De feito, faise referencia á mala decisión de Fraga de ir de caza a Aranxuez dous días despois do accidente do petroleiro cando as grandes manchas comezaban xa a manchar a costa galega. Esta situación lembra, e moito, as decisivas horas que o presidente da Generalitat, Carlos Mazón, pasou desconectado comendo cunha coñecida xornalista nos momentos máis duros da DANA de Valencia sen atender as chamadas que lle chegaban. "Se percibe la idea de que las condiciones físicas del presidente se contradicen con la necesaria eficacia en la gestión del problema, en un proceso en el que la apariencia personal trasluce la idea de desbordamiento político que los analistas le atribuyen a la Administración", apuntaba entón o informe de Fraga.
O informe vai máis alá e suliña, moi visualmente que, "el hundimiento del Prestige está haciendo aflorar la idea de que el PP --de Galicia-- vive un proceso de sucesión tardío y mal controlado, que aparenta estar dirigido por Manuel Fraga, pero que en realidad responde a una lucha entre algunos barones que se disputan ya el post-fraguismo". Por iso, advirte que en ese contexto "se hace muy difícil" a recuperación do liderato político e social. Precisamente, durante esa época se visualizaron duas posturas moi diferentes dentro do Goberno galego, unha liderada polo falecido Xosé Cuíña, máis partidaria dunha maior intervención do Goberno galego no conflito e outra totalmente contraria que defendían, entre outros, Enrique López Veiga, ex conselleiro de Pesca.
O documento mesmo apunta responsables ao criticar a Cuíña e ao ex conselleiro de Medio Ambiente, Carlos del Álamo, pola súa "práctica desaparición a pesar de ser los más implicados", mentres que "la responsabilidad se deriva hacia la Fundación Arao y la conselleira Corina Porro", que representaba a otra facción do goberno galego. Con todo, e posto que este informe foi encargado polo Goberno español, non hai críticas severas á actuación deste executivo, nin a facción galega próxima a el que representaba, precisamente, López Veiga.
POSIBLES SOLUCIÓNS
Todas estas afirmacións fanse menos de dous meses despois do desastre. Por iso, e para reconducir a situación, o informe propón varias estratexias, entre elas, a información á oposición --BNG e PSdeG--, "conjunta o por separado, realizada en términos formales" ou a comparecencia nos medios de comunicación para "romper la idea de ocultación o tergiversación de los hechos".
E para iso, apostase por unha "redefinición" do modelo informativo, tanto cos medios públicos coma cos privados. Neste sentido, insistese en que hai que manter unha "batería de reuniones personales" cos directores de medios como La Voz de Galicia, Faro de Vigo ou El Correo Gallego. "Todo ello habría de realizarse de inmediato", apunta.
Tamén reclama unha "redefinición" do papel da Comisión Científica, para aumentar a sensación de independencia no planteamento dos seus obxectivos e as súas conclusións e recomendalle ao Comisionado do Goberno, unha figura que encarna Rodolfo Martín Villa, e que acaba de aterrar nese momento no posto --xaneiro de 2013-- que aproveite os primeiros momentos da súa xestión para realizar estes cambios; "bajar a pié de obra, tratar in situ con los afectados y con los grupos de empresarios y voluntarios para dar la sesnsación de que escucha a todas las partes y está abierto a su colaboración". Ademais faise alusión ao tema das subvencións para que se trate con "delicadeza".
Este é o primeiro de varios informes que GC irá publicando nos vindeiros días, entre outros, a visión e a descripción que se fan dos distintos medios e dos seus máximos dirixentes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.