A Xunta critica que o Goberno non traspuxo a directiva europea de renovables mentres Galicia si o fixo

Así o manifestou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez,

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2024 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia



A Xunta de Galicia lamentou que o Goberno de España non traspuxo a directiva europea de enerxías renovables, unha directiva "fundamental" para a implantación deste tipo de enerxías e a preservación do medio ambiente, e que Galicia si traspuxo.

Así o trasladou este venres a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, antes de participar na reunión do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

Anxos Vázquez lembrou que a directiva europea que pretende axilizar o despregamento das enerxías renovables é "fundamental" e foi aprobada por "amplo consenso". Con todo, apuntou, España non a traspuxo á súa normativa nacional, algo que a Xunta leva "tempo denunciando".

"Galicia si o fixo, levamos un ano", apuntou, antes de sinalar que, agora, a Xunta traballa na lei de simplificación administrativa ambiental, na que se volverá a "facer fincapé", xa que "o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non o recolle e esa directiva é fundamental".

A conselleira repetiu que a directiva europa é "fundamental para seguir preservando a biodiversidade" e subliñou que o goberno galego, dentro da lei, segue a liña que marca Europa, "que é a simplificación".

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático trasladou estas manifestacións tras coñecerse que a Comisión Europea volveu a reclamar a España a traspor esa norma á lexislación nacional, para o que lle dá un prazo de 2 meses (o prazo inicial para levar a cabo ese trámite venceu en xuño de 2021).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta