Por Galicia Confidencial | A Coruña | 04/02/2016 | Actualizada ás 18:20
A praia coruñesa de Bens, na Coruña, tivo este xoves un visitante inesperado. Un pequeno lobo mariño gris apareceu no seu areal desorientado que foi, posteriormente, atendido pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).
O animal apareceu vivo, aínda que débil e está a recibir axuda do CEMMA, que acolleu ao animal e proporcionaralle os coidados necesarios. Polo momento, descoñécense as causas que fixeron que este animal acabara no areal coruñés.
A súa presenza causou gran expectación, con numerosos curiosos que quixeron observar a unha especie que de cando en cando se ve no litoral galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.