Este mércores chega a borrasca Caetano, cunha xornada que deixará choivas en Galicia

Caetano convértese así na terceira borrasca de gran impacto da tempada 2024/2025, tras Aitor e Berenice

Por Europa Press / Redacción | Santiago | 19/11/2024 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

Unha nova borrasca, esta vez denominada Caetano, chegará a España este mércores, 20 de novembro, e provocará ventos moi fortes, sobre todo no norte e leste da Península, así como ondas de ata 5 metros no Cantábrico.

Segundo indicou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) nunha mensaxe en X, Caetano provocará un intenso temporal marítimo, con ondas de máis de 4 ou 5 metros no Cantábrico.

No entanto, Meteogalicia aclara esta tarde de martes que "en Galicia non hai avisos" para este mércores, 20 de novembro. "Será un día normal, con choiva, iso si", agrega. Explica que a borrasca irá baixando de presión e achegándose á península. Xa para o xoves, 21 de novembro, prevense avisos amarelos na comunidade por ondada e vento.

Caetano convértese así na terceira borrasca de gran impacto da tempada 2024/2025, tras Aitor e Berenice.

Borrasca Caetano. METEOGALICIA
Borrasca Caetano. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta