Por Galicia Confidencial | Santiago | 10/02/2016 | Actualizada ás 17:30
Un novo viño albariño chega ao mercado, e non é galego. Trátase do albariño Chapel Down, saído da única leira británica na que se cultiva esta variedade, no condado de Kent.
Bodega Chapel Down, fabricante do primeiro albariño monovarietal inglés, colleitou as súas primeiras probas no ano 2014, no viñedo Sandhurst, con vides de cinco anos de idade que se cultivaron nos propicios terreos arxiláceos de Wealden, nunha zona, ademais, que climatolixicamente é similar a Galicia, e baixo a supervisión do enólogo Josh Donaghay. O viño ten un 12,5% de contido en alcol e custa no mercado 15 libras (19,43 euros, ao cambio).
O Chapel Down Albariño 2014 din que é un viño branco seco e aromático, con intensos aromas de cítricos frescos, melocotón branco e manzá, combinado con tons de fondo de lías de carballo e fermentos sutís.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.