Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Europa Press / Redacción | FERROL | 01/12/2024 | Actualizada ás 20:00
Os traballadores de Maitours, filial do grupo Alsa, desconvocaron a folga indefinida, que secundaban desde o pasado 15 de xullo, tras asinar un acordo este domingo coa dirección da empresa de transporte. Así o detallou o delegado dos traballadores, Luís Taboada que cualificou o acordo de "beneficioso" xa que conseguiron a "maior parte" dos obxectivos que perseguía.
Por iso, a partir deste luns o servizo funcionará "con normalidade". "Conseguimos un período transitorio dun ano, prazo no que está previsto que nos pague unha boa parte do que pedimos", sinalou. Os traballadores de Maitours son os encargados de realizar o transporte interurbano en Ferrol, Narón e Neda, con outra a empresa Intercar, formado ambas unha unión temporal de empresas (UTE), que é xestionada polo grupo Alsa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.