Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/12/2024 | Actualizada ás 10:43
Os Bombeiros do Eume tiveron que liberar a dúas persoas nas Pontes tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban ao tratar esquivar un xabaril. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 22:30 horas do sábado no quilómetro 25 da AC-564 e foi un particular o que deu a voz de alarma.
Dúas persoas foron liberadas polos bombeiros despois de sufrir unha saída de vía nas Pontes Só una delas foi trasladada. A central de emerxencias alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil das Pontes. Os bombeiros tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar a unha das persoas atrapadas que, posteriormente, foi trasladada polos profesionais sanitarios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.