A praia das Catedrais, entre as mellores de España

Os usuarios de TripAdvisor recomendan visitala en marea baixa e salientan a importancia da súa paraxe natural.

Por Galicia Confidencial | Ribadeo | 17/02/2016 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A praia das Catedrais, situada en Ribadeo (Lugo), foi elixida como unha das mellores do Estado español, segundo recolle TripAdvisor, unha das páxinas de viaxes máis importantes do mundo.

Praia das Catedrais
Praia das Catedrais | Fonte: eltiempo.es

Os viaxeiros e usuarios desta web foron os selectores destas praias cos seus comentarios e clasificacións ao longo dun período de doce meses, informa nun comunicado TripAdvisor.

A Praia das Catedrais ficou no sétimo posto de entre todos os areais do resto do Estado. Nos comentarios, os usuarios da páxina recomendan visitala en marea baixa, xa que o seu areal atópase nunha paraxe natural que, subliñan, permite facer magníficas fotografías.

Os Traveller's Choice Praias premian a 343 areais de todo o mundo, entre os que destacan seis praias españolas que se atopan entre as dez mellor valoradas. "Estamos encantados de ver que as praias españolas destacan a nivel internacional", subliña Branca Zayas, responsable de Comunicación de TripAdvisor en España, que agarda que esta listaxe sirva "para aqueles que estean a planear a súa próxima escapada".

Non é nin a primeira, nin será a última vez que a praia das Catedrais é noticia pola súa beleza. Hai uns meses, esta fermosa paraxe da Mariña lucense era elixida polos internautas do Estado como unha das "sete marabillas de España".

Así o recolle o libro "Sete Marabillas de España", que combina a paixón das viaxes e da fotografía para percorrer os espazos naturais elixidos a través das redes sociais por máis de 82.000 persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta