Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2024 | Actualizada ás 12:06
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a resolución pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta do pasado outubro polo que se aprobou o proxecto industrial estratéxico para a produción de metanol verde en Mugardos (A Coruña).
Promovido por Forestal do Atlántico, este proxecto denomínase 'Triskelion' e consiste na instalación dunha planta integrada de xeración e almacenamento de metanol verde a partir de hidróxeno verde obtido por electrólise da auga, usando enerxía renovable e CO2 captado da cogeneración existente.
Está previsto que se execute en tres fases e que se sitúe na ría de Ferrol, dentro das actuais instalacións de Forestal, no municipio de Mugardos (A Coruña). O orzamento total ascende a 200,51 millóns de euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.