Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2024 | Actualizada ás 18:54
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, esixiu explicacións a este órgano despois de coñecer que, na xornada do martes, acordou unha nova prórroga do prazo de presentación de emendas á proposición de lei para a transferencia da AP-9 a Galicia ata o próximo 4 de febreiro de 2025 no que considera un novo "bloqueo" ao traspaso.
Nun escrito rexistrado na Cámara baixa, Rego lembra que a proposición de lei acumula xa 17 adiamentos e pide que, en aras de terminar coas sucesivas prórrogas aprobadas por parte da Mesa, non se conceda unha nova prórroga e de por terminado o prazo de emendas da Proposición de lei orgánica de transferencia da titularidade e competencias da Autoestrada do Atlántico (AP-9) a Galicia.
Deste xeito, o parlamentario esixe que o texto poida iniciar o seu debate no correspondente relatorio o máis rápido posible e que se aprobe o ditame para a súa posterior aprobación no pleno.
Ademais, en declaracións remitidas aos medios, Rego ha denuncia que se trata dunha "burla" a todos os galegos que a Mesa do Congreso decida que unha lei que foi aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia "non chegue a ser tramitada" porque as forzas integrantes deste órgano así o acordan.
Neste sentido, responsabilizou desta demora "inxustificada" ao Partido Popular, ao PSOE e a Sumar. "Deixen de xogar cos intereses dos galegos e cumpran con Galicia tramitando canto antes esta lei para a transferencia da AP-9", esixiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.