Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2024 | Actualizada ás 17:03
O grupo municipal do Partido Popular dá por rotas as negociacións que tiña abertas co goberno do BNG para a aprobación dos orzamentos do Concello de Pontevedra para 2025, ao non aceptar as súas propostas.
As negociacións "non chegaron a bo porto", comunicou en rolda de prensa o portavoz local do PP, Rafa Domínguez, despois de informar da decisión do seu grupo ao equipo do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
Domínguez explicou que en todo momento estableceuse un "diálogo sincero polas dúas partes" e que non se marcaron límites na negociación por parte do PP, senón que "as liñas vermellas, neste caso, ponas Lores". Segundo relatou, foron os nacionalistas quen rexeitaron o acordo ao comprobar que o dez "puntos claros" que propuñan os populares non tiñan cabida no seu borrador de orzamentos.
Ao non aceptarse o decálogo de peticións exposto, o PP entende que o modelo de cidade que plasmarán os orzamentos "non vai estar como nós queremos", e por iso decidiron romper as negociacións.
En todo caso, Domínguez agradeceu "o bo clima de negociación" e apuntou que as conversacións "foron en todo momento moi cordiais" co concelleiro de Facenda, Raimundo González.
"Non quere isto dicir que non podamos chegar a acordos puntuais nun futuro", engadiu Rafa Domínguez, que abre a porta a que calquera dese dez propostas que fixo o PP poidan ser asumidas polo goberno local nunha modificación de crédito que os populares estarían dispostos a apoiar.
Agora, o Partido Popular presentará unha emenda á totalidade do borrador de orzamentos. Domínguez dá por feito que as contas municipais sairán adiante co apoio do Partido Socialista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.