Atopan aos dous homes que se perderan co coche nos montes de Avión e da Estrada

Os dous, de 70 e 80 anos, desorientáronse mentres conducían.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 19/12/2024 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

A Garda Civil localizou aos dous homes que se atopaban desde esta tarde desaparecidos en avión e na Estada. O de Avión foi localizado con síntomas de hipotermia, segundo confirmou 112 Galicia. A Benemérita encárgase de reunir información sobre o suceso para esclarecer o ocorrido e por que o vehículo do home caeu por un barranco.

Tamén foi atopado, con vida e en bo estado, ao octoxenario que se perdeu na tarde do mércores nunha zona de monte na Estrada.  Segundo informa o 112 Galicia, o home apareceu sobre as 4.30 horas da mañá tras un amplo dispositivo de procura no que colaboraron drones da Axencia Galega de Emercencias (Axega). Foi trasladado ao centro de saúde da Estrada, onde se lle prestou asistencia sanitaria.

Equipo de drons da Axega
Equipo de drons da Axega | Fonte: Xunta de Galicia

A xeolocalización dos dous foi complicada polas características dos terminais telefónicos utilizados polos afectados e pola orografía, aínda que se está probando mediante a triangulación de antenas, no caso da serra. Os medios de emerxencias xa están na zona e, no caso da serra, o equipo de drones da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) está a colaborar cos axentes da Garda Civil. Na procura tamén participan drones de AXEGA, Garda Civil, Ges e Policía Local.

Pasadas as 18.30 horas deste mércores, o 112 Galicia recibiu o primeiro aviso. Tratábase dun octoxenario con residencia en Adoufe, A Estrada, que saíra no seu coche a xantar e dar un paseo cando se desorientou e acabou nunha pista forestal de terra. O vehículo meteuse nunha gabia e ao saír caeu sobre uns arbustos sen posibilidade de levantarse.

Neste caso, foi o seu afillado quen deu aviso ao 112 Galicia aínda que posteriormente puido establecer comunicación co desaparecido, a pesar de que o seu terminal está vinculado a un teléfono fixo sen posibilidade de xeolocalización. Utilizáronse os datos proporcionados polo sistema automático de xeolocalización, pero polo momento non se localizou.

Posteriormente, sobre as 20.00 horas, outro home, duns 70 anos, chamou directamente ao 112 Galicia para informar de que se perdeu nunha zona de montaña, dentro do Concello de Avión. Tamén conducía de Avión a Barroso cando se desorientou e apareceu nunha pista forestal. Alí, baixouse do coche para tentar atopar o camiño correcto, pero acabou perdendo de vista mesmo o coche. Finalmente, a Garda Civil atopouno e recibirá atención médica debido a síntomas de hipotermia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta