Pequenos terremotos en Baleira, Vilariño de Conso e Cervantes

Foron de baixa intensidade, 3º, 1,8º e 1,7º, respectivamente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2024 | Actualizada ás 09:58

Comparte esta noticia

Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou nas últimas horas un tremor de terra leve con epicentro en Vilariño de Conso, na provincia de Ourense, de intensidade 1,8 mbLg. Así, o movemento sísmico foi detectado cando pasaban poucos minutos das 22,00 horas deste mércores, cunha magnitude leve e con epicentro a 22 quilómetros de profundidade.

Epicentro terremoto Baleira (Lugo)
Epicentro terremoto Baleira (Lugo) | Fonte: IGN

Así mesmo, o IGN tamén rexistrou este xoves un terremoto de magnitude 3 no municipio lucense de Baleira. O sismo produciuse ás 12.37 horas a 20 quilómetros de profundidade e sentiuse, con diferente intensidade, en Becerreá, O Corgo, Folgoso do Courel, Castroverde e Lugo.

Ademais, este mércores tamén se rexistrou outro tremor en Galicia, nese caso no municipio de Cervantes, en Lugo, á primeira hora da mañá. Este sismo foi tamén leve, cunha magnitude de 1,7 mbLg, e con epicentro a 9 quilómetros de profundidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta