Por Galicia Confidencial | Barcelona | 24/02/2016 | Actualizada ás 12:00
Chem-VR é unha nova e singular aplicación que permite visualizar moléculas en realidade virtual, ofrecendo unha espectacular inmersión con visualización 3D-360º. Esta é a gran proposta de MD.USE Innovative Solutions S.L. —spin-off da Universidade de Santiago de Compostela— no encontro de startups 4YFN, un foro internacional de emprendedores que ten lugar no marco do prestixioso congreso Mobile World Congress'16(link is external) de Barcelona, un dos eventos tecnolóxicos de referencia a nivel global.
Liderada pola investigadora do CiQUS Rebeca García Fandiño, a empresa galega acode a esta edición da man do programa Telefónica Open Future, logo de ser seleccionada como proxecto pola aceleradora da compañía de telefonía Galicia Open Future.
Os responsables de MD.USE Innovative Solutions presentaron xa aos potenciais inversores os distintos servizos que presta a empresa ao longo dunha sesión de lanzamento (pitching) programada na axenda do evento.
Entre os servizos que ofrece esta startup galega de base tecnolóxica destaca a nova e singular aplicación que permite visualizar moléculas en realidade virtual. Esta aplicación é complementaria a outros produtos de software científico baseados no modelado de moléculas e simulacións de dinámica molecular, que na actualidade se atopa en fase de desenvolvemento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.