Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2024 | Actualizada ás 14:10
O BNG reclamou ao Goberno que defenda ao sector dos taxistas ante o "aumento desproporcionado e inxustificado" das pólizas de seguros que "compretenden economicamente a miles de profesionais, pondo en risco a súa viabilidade futura".
Nun comunicado emitido este xoves, o deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, avanzou a presentación de iniciativas nas Cortes para demandar ao Executivo central que atalle as subidas "desproporcionadas" de pólizas de seguros aos vehículos dos taxistas que "non se axustan á evolución do risco".
"O sector do taxi está a experimentar unha situación insustentable xa que moitas e moitos profesionais están a ver como as aseguradoras soben inxustificadamente e de forma desproporcionado as pólizas dos seguros dos seus vehículos", denunciou Rego.
Neste sentido, e tras incidir no carácter de "interese xeral" que ten o sector do taxi "especialmente en zonas do rural" de Galicia que carecen doutras opcións de transporte público, o parlamentario afirma que a renovación de seguros alcanza prezos "desorbitados" cando as aseguradoras non aplican unha rescisión da póliza de forma unilateral.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.