Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2024 | Actualizada ás 13:55
O comité da UTE Albada, encargada da xestión da planta de tratamento de residuos de Nostián, mostrou a súa preocupación "pola parális na elaboración dos pregos de condicións do concurso de licitación do servizo", á vez que denuncia a "drástica caída" dos materiais que se recuperan nas instalacións.
Nun comunicado, aluden "ao atraso na licitación da nova planta xa que a actual está obsoleta e sofre continuas avarías que reducen a capacidade de reciclar de maneira adecuada". Tamén apuntan a "a falta de acordo con Ecoembes para asinar un novo contrato".
O presidente do comité, Hadrián Canosa, advirte que "esta situación, unido ao escurantismo de como e con quen se pretende facer, con ou sen o Consorcio, pon en risco o actual modelo". "E, por tanto, tamén o medio ambiente e a continuidade dos postos de traballo". "Máis de 120 persoas traballadores atópanse nunha situación de precariedade laboral e na incerteza permanente de saber cal vai ser o seu futuro", argumenta tamén.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.