Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2024 | Actualizada ás 13:25
A Rede de Dinamización Lingüística incrementouse ata as 254 entidades, tras incorporar oito novos concellos. Así se deu conta da reunión anual do consello de membros, celebrada este venres en Santiago na que participou o secretario xeral da Lingua, Valentín García.
No encontro fixeron balance da actividade desenvolvida durante os últimos 12 meses e presentaron as principais liñas de traballo que se porán en marcha en 2025. "Esta medida, que contará cun proceso colaborativo, compleméntase coa posta en marcha de medidas inmediatas que permitan favorecer o uso do galego", destacou García.
Trátase de propostas que están "moi vinculadas" a novos proxectos que se porán en marcha desde a rede o próximo ano e que incidirán en ámbitos como o deporte, o lecer, a familia as tecnoloxías ou as persoas non nadas en Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.