Oito poemas de 'Papagaio' de Luisa Villalta xa contan con tradución ao hindú

A Real Academia Galega (RAG) pon fin así ao 2024, ano no que as Letras Galegas dedicáronselle a esta poetisa coruñesa.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/12/2024 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) pon fin ao 2024, ano no que as Letras Galegas dedicáronselle á poetisa coruñesa Luisa Villalta, co lanzamento dunha selección de poemas de 'Papagaio' traducidos ao hindú. O profesor da Universidade Nacional Aberta Indira Gandhi da India Vikash Kumar Singh, exalumno dos Cursos de lingua e cultura galegas 'Galego sen fronteiras', asina a tradución ao hindú de oito poemas de Papagaio na edición que se incorpora ao catálogo de publicacións dixitais de academia.gal, ilustrada cunha selección das fotografías de Maribel Longueira que inspiraron os versos.

"O meu obxectivo principal foi crear unha tradución poética que preserve o espírito, o ton e a voz lírica de Villalta, logrando que os poemas funcionen de maneira independente en hindú, respectando ao mesmo tempo a súa esencia orixinal", explicou Vikash Kumar Singh. Espera ademais que a tradución anime aos lectores indios a "coñecer e valorar a figura literaria de Luísa Villalta, especialmente a aqueles interesados nos estudos literarios indo-hispánicos e na teoría da tradución". Luísa Villalta deixou escritas 19 composicións para as instantáneas que Maribel Longueira realizara sobre o derrube do Papagaio, o barrio da prostitución da Coruña. O froito daquela colaboración artística e de denuncia da violencia contra as mulleres, e da especulación urbanística, saíu da imprenta tras a morte da escritora, en 2006.

Luisa Villalta
Luisa Villalta | Fonte: REAL ACADEMIA GALEGA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta