Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2025 | Actualizada ás 16:53
Os usuarios e usuarias da AP-9 pagan deste este mércores máis por facer uso da mesma, cun incremento medio do 5,34 % tras resolver o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable a actualización das peaxes das autoestradas de titularidade estatal baixo concesión administrativa.
Con iso, as tarifas nestas peaxes soben entre un 3,84 % e o 5,45 %, en función das condicións específicas de cada concesión. No caso da AP-9, será do 5,34 % e no da AP-53, do 3,89 %. Desta forma, e segundo a actualización de tarifas publicada por Audasa, nun traxecto como o da Coruña-Vigo superaranse os 20 euros, en concreto 20,45 euros o que suporá algo máis dun euro con respecto ao que se abonaba.
Segundo a citada actualización, o percorrido entre A Coruña e Santiago será de 8,40 para vehículos lixeiros e de 7,45 para os pesados de nivel uno e de 9,20 euros para os de nivel dous. No caso, por exemplo, de Santiago-Pontevedra será un custo de 7,20 euros este traxecto e de seis euros e 7,60 no caso do outro tipo de vehículos. En percorridos máis curtos como de Fene a Miño situarase neste 2025 en 2,50 para os vehículos lixeiros e en 2,30 e en 2,85 para os doutro tipo.
De Pontevedra a Vigo/Puxeiros a tarifa será de 4,85 para os primeiros e de 3,90 e 5,25 para os vehículos pesados un e dous, respectivamente. No tramo de Rande-Vigo/Puxeiros será un custo de 1,20 para vehículos lixeiros. Mentres, entraron en vigor os descontos, cunha rebaixa que vai ata o 75 por cento, para o caso daquelas persoas que usen de forma habitual a autoestrada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.